domingo, 16 de octubre de 2016

Práctica 3: Que uso lle dou ao ordenador e ao smartphone

Un bó comezo sería contar como foi a miña primeira experiencia cun ordenador ou cando entrei a primeira vez en Internet pero, non sei ben se dergraciada ou afortunadamente, ata onde me alcanza a memoria sempre houbo un ordenador na casa e, por iso mesmo, coma igual que ninguén recorda a primeira vez que abriu a porta da neveira, eu son incapaz de lembrar cando me atopei sentado frente a un destes aparellos por primeira vez na miña vida.

Agora ben o que si recordo e o primeiro uso que lle din a este, para min naquela época, xoguete xa que ao único que me dedicaba era a xogar a todos e cantos xogos online houbera en toda a rede, lembro especialmente un de carreiras que me encantaba. Despois de esta non moi longa pero si intensa época de, por así dicilo "gamer", descubrín que o ordenador servía para algo máis que xogar, en Internet podía atopar a resposta a todas as dúbidas que se me puideran ocorrer, tiña ao alcance das miñas mans toda a información do mundo. Por último cando xa cría que a rede non me podía  ofrecer nada, presentase ante min algo novo, as redes sociais. Poder falar cos meus amigos case a todas horas sen necesidade de ter que estar preto deles foi o último toque que fixo que me decatara do increíble que era este aparello.

Ben, centrandonos no emprego que fago actualmente do ordenador, máis concretamente do meu portátil, utilízoo diariamente, sobre todo para ver series e películas en streaming, poñer música mentres estou na casa ou para buscar información e facer traballos do instituto. O portátil tamen me serve como un lugar de almacenamento para as fotos, vídeo e demais documetos que non quero perder. Parandome a pensalo doulle moito menos uso ca antes e cada vez vouno substituíndo máis por outros aparellos como a son a tablet ou o smartphone.

E isto levame a falar do smartphone, o que eu considero o actual rei da tecnoloxía. Este aparello foi substituíndo rápidamente a todos os demais dispositivos electrónicos que usabamos día a día, porque se nos fixamos un smatphone é un telefono mobil, unha radio, un mp3, unha cámara, unha calculadora, unha lanterna, un reloxo e moitas maáis cousas. Podemos facer con el case de todo e é moi fácil e cómodo de transportar. Non obstante e normal o auxe que que ten este producto na actualidade. 

Persoalmente, dende que tiven o meu primeiro smatphone cando tiña 13 anos, este pasou a ser case indispensable na miña vida. Úsoo practicamente todos os días a todas horas, dende que me desperto para apagar a alarma ata que reviso por última vez as redes sociais antes de deitarme. Pricipalmete, utilízoo para falar cos meus amigos a traves de whatsapp e doutras redes como twitter ou instagram, pero tamén  para escoitar música, sacar fotos e mesmo ler.

En resumidas contas, aínda que sigo utilizando o ordenador para algunhas cousas, o smartphone foino substituíndo pouco a pouco  xa que e moito máis cómodo de usar, de feito comecei a escribir esta co pórtatil e acabei por rematala no móbil. 


lunes, 3 de octubre de 2016

domingo, 2 de octubre de 2016

Práctica 1: Publicar no blog

3.  Publicar un vídeo:




2. Publicar unha foto:



1. Compartir un enlace a unha página como por exemplo a Nike.

miércoles, 28 de septiembre de 2016

Presentación

 Hola a todos, yo soy Iván Piñeiro y este será mi blog para la clase de TIC's.