En realidade, este e o meu primeiro contacto co ciberactivismo, ata agora o único que fixera fora compartir algunha que outra publicación que informaba sobre cans, gatos ou algún outro animal que iban a ser sacrificados se nadie os adoptaba e se facía cargo deles pero nada máis lonxe diso.
Na miña opinión o ciberactivismo e unha nova forma de loitar e facernos oír, grazas as novas novas tecnoloxías podemos enterarnos de todo o que pasa arredor do mundo e estamos moito máis conectados que en ningunha outra época, desta maneira e máis doado organizarse e loitar contra as inxustizas e crimes que se cometen no mundo enteiro.
Aínda que tampouco fai falta falar a nivel de todo o planeta nin pretender salvar o mundo, con pequenos actos e loitas na nosa comunidade podemos axudar. Quizais non poidamos rematar coa fame nin coa probeza mundial, pero si que podemos organizar unha recollida de alimentos para os desfavorecidos da nosa comunidade ou organizar un acto de recollida de fondos para a protectora de animais local.
Todo isto do ciberactivismo esta moi ben e ten moitas ventaxas como a facilidade de difusión, xa que pode chegar a milleiros de persoas, pero agora ben, non todo se reduce a quedarse detras da pantalla do ordenador compartindo publicacións e dándolles "me gusta", iso é moi fácil, e non digo que non sexa importante pero tamén o e saír as rúas e loitar polos dereitos facernos ver e oír, demostrar e smos persoas reais non unha morea de ceros e uns espallados pola web, de que valen faltas de asistecia do 80% ou 90% nas folgas se nen a mitade asiste ás manifestacións. Que sería agora de nos se na Revolución Francesa a xente se limitara a queixarse por twitter da falta dos seus dereitos?
Nesta ocasión quería tratar o tema da recente campaña que se levou a cabo no concello de Boiro para a prohibición dos circos con animais. Xa que este ano no a semana tématica trataba sobre os dereitos dos animais, decidiuse desde o centro intentar acabar coa entrada dos circos con animais no noso concello, posto que nestes circos os animais son maltratados e sobren moito, tanto á hora de adestralos como á de andar transportandos de un lugar a outro.
Grazas a importante colaboración da protectora de animais do concello veciño, Vox Ánima, conseguiuse acadar o obxetivo e prohibir a estancia destos circos no concello.

Hola, sólo puntualizar que Vox Ánima (la cual conozco bien pues soy fundador) actúa en todo el barbanza y a nivel nacional, la que actúa sobre todo en Pobra es Protectora Moura. En otro orden de cosas, la campaña en contra del circo fue una colbaoración entre Boiro Novo e Vox Ánima. Saludos.
ResponderEliminar